La Asociación Recuperación Memoria Histórica de Marín (ARMH) presenta hoxe o libro «Mauro», de Mikel Guerendiain, ás 20.00 horas. no Museo Municipal Manuel Torres. É a primeira novela de Guerendiain, que nace da que está considerada unha das maiores evasións carcerarias de Europa: a fuga do penal franquista de San Cristóbal, en Pamplona, o 22 de maio de 1938. Arredor de oitocentos presos participaron nela.